miércoles, 28 de enero de 2015

EMPRENDENDO.


A pasada semana os alumnos de 3º da ESO visitaron negocios do noso pobo para investigar “in situ” o que é empezar ou manter unha pequena empresa nestes tempos de crise. O traballo está integrado nun proxecto chamado “Emprendendo” no que os rapaces estudan as características xerais da actividade económica e que rematará coa creación, sobre o papel claro está, dun negocio propio.

Os propietarios da confeitería “Obradoiro”, a panadería “Patricio”, a copistería “Copyeume” e de calzados “Camino” atenderon aos rapaces amablemente e déronlles toda a información que eles necesitaron. Desde o colexio agradecemos moitísimo a súa colaboración, que serve aos alumnos para achegarse ao mundo empresarial e valorar así o esforzo diario de todos os que traballan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario