A pasada semana os
alumnos de 3º da ESO visitaron negocios do noso pobo para investigar “in situ”
o que é empezar ou manter unha pequena empresa nestes tempos de crise. O
traballo está integrado nun proxecto chamado “Emprendendo” no que os rapaces estudan
as características xerais da actividade económica e que rematará coa creación,
sobre o papel claro está, dun negocio propio.
Os propietarios da
confeitería “Obradoiro”, a panadería “Patricio”, a copistería “Copyeume” e de
calzados “Camino” atenderon aos rapaces amablemente e déronlles toda a
información que eles necesitaron. Desde o colexio agradecemos moitísimo a súa
colaboración, que serve aos alumnos para achegarse ao mundo empresarial e valorar
así o esforzo diario de todos os que traballan.